Nova imaxe e novo perfil

As nosas canles de información son instrumentos que nos diferencian do resto de forzas políticas de Cuntis, entre outras características. Informar e difundir son verbos que constitúen a nosa razón de ser, e por primeira vez no noso municipio transparentamos como non se fixera antes a vida institucional do Concello. A nosa web renóvase e reordénase para facilitar tanto esa información como o contacto con calquera que así o desexe.

Veciñanza Cuntis   Vecinhanza    TwitterAdemais, dende este luns 29 de agoto, Veciñanza conta tamén cun perfil en Twitter, unha rede social que cada día conta con máis usuarios/as. Incorporamos, ademais, a información da web de En Marea, xusto cando estamos a piques de comezar unha campaña electoral decisiva de cara ás Eleccións do 25 de setembro, as do cambio!

Como ata agora, os nosos perfís nas redes sociais de Facebook e Twitter seguirán levando o peso da actualidade no día a día, e esta web actuará de soporte para o desenvolvemento daqueles asuntos que precisen maior fondura.

Share

Tamén pode gustarche...